martes, 24 de noviembre de 2015

ENTREVISTA SOBRE A INFANCIA EN TEMPOS ANTERIORES EN GALICIA:
 Avoa que facías de pequena? Como te divertías no teu tempo?

Eu de pequena xogaba con bonecas , tiña unha de cartón e laveina e quedeime sen ela. Facía tenedores con papel recortado e xogaba as cociñitas. A miña nai comprábame zapatos caros e o primeiro que facía era meterme nos charcos para mollalos.

Era moi traste sempre, acordome dunha vez que a miña tia tiña unha trenza enorme e eu corteilla . Outros recordos que teño é sobre a miña veciña que era da miña idade e a tiraba na silveira sempre e escapaba correndo para a casa. Tamén lle pegaba a miña irma coas verzas.

Naqueles tempos non habían tantas cousas como agora que se podan comprar , xogabamos e dirvertiamonos co que a había o co que inventabamos.

Aquí vos deixo unha foto que encontramos, da miña avoa  de pequena cun carneiro e coa súa nai:




                                                Esta é unha foto dela co seu irmán:

No hay comentarios:

Publicar un comentario